A recente iniciativa conxunta de asociacións en Pontevedra déixanos un gran exemplo do que significa traballar en rede. Entidades como ASOVEDRA e ASAMPO demostraron que a colaboración pode mobilizar a decenas de persoas por unha causa tan vital como a doazón de sangue.
Porque doar sangue é moito máis ca un xesto puntual: é soster o sistema sanitario e salvar vidas.
Pero tamén é un recordatorio de algo importante.
As realidades da saúde están conectadas.
As persoas con diabetes, por exemplo, temos máis risco de desenvolver enfermidade renal crónica e, en moitos casos, podemos necesitar un transplante. Ahí é onde entran entidades como ASAMPO, que traballan activamente na promoción da doazón de órganos e tecidos.
Por iso, desde a participación de ANEDIA GALICIA en CEDDD Galicia, defendemos precisamente isto:
a importancia de tecer redes entre asociacións, compartir causas e avanzar xuntas.
Porque hoxe podes doar.
Pero mañá, calquera de nós pode necesitar.
Colaborar tamén é coidar.
#diabetest1 #asociacionismo #donaciondeorganos
@asovedra
@asampo.pontevedrada
@ceddd_galicia
@pontevedrate