Un total de 46 rapazas e rapaces, 4 monitores e 10 voluntarios forman o equipo do noso campamento 2024, fornando un grupo de 60 persoas máis os voluntarios que participarán en actividades puntuais.
Desta vez o campamento vai ser na Illa de Ons, no campamento xuvenil que ten na illa a Xunta de Galicia, nunha paraxe idílica no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Serán 8 días dende o 21 ata o 28 de agosto, nos que van desfrutar de moitas actividades e sobre todo van facer equipo e aprender uns dos outros.
E alí estarán os voluntarios para axudarlle a gañar independencia, e que pouco a pouco se sintan máis seguros na súa vida diaria e nas súas actividades. Aprendar a autoxestionarse non é doádo, é un proceso longo e no que deben estar acompañados pola familia e o equipo sanitario, e tamén coa asociación, cos seus iguais.
Pero sobre todo para desfrutar, que deso se trata. Ser felices e desfrutar do verán!.