Xa estamos listos para comenzar as reservas do campamento, este ano será na no Grove, no camping PAISAXE II – na praia da Lanzada, do 27 de Agosto ata o 1 de setembro, de domingo a venres.
As actividades do campamento serán entre outras: kaiak, surf, pádel surf, roteiros na natureza, xogos na praia, actividades na piscina, veladas, etc.
De 12 a 17 anos, os nacidos no 2011 poderán vir inda que non teñan os 12 cumpridos, dispoñemos de 40 prazas.
PRAZO DE INSCRIPCIÓN: Ata cubrir prazas, familias non socias de ANEDIA inscripcións dende o día 1 de xuño.
Prezos.
· Familias socias (data de alta antes do 10 de Maio) 150€ por persoa, poderán levar un acompañante ao mesmo prezo. Reserva de 50 euros.
· Socios de outras asociaciones 275€, reserva de 100 euros.
· Outros. 300€ , reserva de 100 euros.
Para facer a reserva debes cubrir o seguinte formulario e realizar o pago da reserva nas contas que figuran no formulario : FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
Ven disfrutar no verán con nós!