En diabetes non só existe o cálculo de hidratos, senón que para facelo inda un pouco mellor e non levar sustos coas subidas glucémicas máis alá das dúas horas deberíamos ter en conta a UGP , Unidade Graxa Proteina.
Por iso imos aproveitar que contamos estos días con Eva Núñez, nai dunha nena con diabetes e cociñeira profesional, para ver como se calcula.
O xoves día 8 de agosto as 11 da mañán, no local de Vigo, teremos un pequeno aperitivo, que podemos ter en moitas ocasións e veremos como xestionalo sen que as graxas non den a tarde, aprender a contar as graxas e proteinas digamos que xa é ir un pouco máis alá do básico. Pero non nos conformemos con menos, porqué non aprender un paso máis. E así un día que vaiamos ter un comida especialmente complicada de manexar, empanada, pizzas,…… estaremos preparados.
Podedes inscribirvos no noso correo anediagalicia@gmail.com ou por Whatsapp no 644 97 14 54