Nos equipos da UD Santa Mariña xogan 4 rapaces con diabetes, así que son todos uns expertos, e saben ben que as hipos e hipers, ou arrancarse sen querer un catéter ou un sensor son cousas que poden pasar a diario.
Así que puxémonos mans á obra con eles, e esta fin de semana quedou inaugurado un botiquín de DIABETES, grazas á colaboración de Diabetika, Prosaga e as familias.
Darlle a noraboa a entrenadores e directiva da @udstamarina
por esta iniciativa, que estamos seguras se vai repetir en máis sitios de Galicia.
Por certo, esta mañán inagurouse cunha hipo de 50 .
#somostipo1 #queadiabetesnontepare #vivircondiabetes #medrandocondiabetes #coadiabetesnamochila #deportediabetes #realdiabetes