
As persoas con diabetes tipo 1 teñen un páncreas que non segrega insulina, por eso teñen que pincharse ou ben utilizar unha bomba. Pero isto non é un páncreas, por moito que se empeñen en denominalo moitas veces como páncreas artificial.
Só as persoas con diabetes e o seus coidadores saben o que implica a diabetes e esta semana nun escrito oficial dende unha administración se decía que con 10 anos xa se está suficientemente ADIESTRADO en diabetes, e que cunha bomba asunto resolto.
Pois non señores e señoras, isto por desgraza non é así. A insulina é necesaria para a vida, pero un erro nunha dosis pode significar un problema mortal. Non é ser alarmistas, senón realistas.
Claro que queremos tecnoloxía e que melloren as bombas cada vez máis, pero isto non sustitúe a un páncreas que non segrega insulina, é o noso cerebro o que ten que facer de páncreas e pensar todo o tempo como xestionar esta diabetes.
E se por riba che falla a tecnoloxía moitas veces danche ganas de tirar a toalla, pero iso non é unha opción. Seguiremos adiante calculando unha e outra vez, ratios , hidratos e mil factores máis.
Que teñades unha boa noite, por aquí se aproxima unha hipo …