Avanzando en investigación

Seguimos avanzando en investigación en diabetes tipo 1 desde Galicia 💙

Vigo Sergas recibiu a visita do equipo de Innodia inpact, a maior rede europea de investigación en diabetes tipo 1, para continuar impulsando novas oportunidades e ensaios clínicos. Grazas a Ana Álvarez Pagola por compartir o seu tempo con nós.

Tamén queremos agradecer o importante traballo que se está a realizar desde a área sanitaria de Vigo, tanto desde os equipos de pediatría como de endocrinoloxía co apoio da xerencia, apostando pola investigación, a innovación e a participación das persoas con diabetes.

Como asociación, ANEDIA xa forma parte da rede INNODIA, colaborando para achegar a voz das persoas con diabetes tipo 1 e das familias á investigación europea.

Pero tamén queremos animar ás persoas con diabetes tipo 1, familiares e coidadores a coñecer IMPACT, o programa de participación de pacientes de INNODIA, que permite formarse, colaborar e contribuír acticando ao futuro da investigación en diabetes. Porque a investigación tamén necesita pacientes informados, activos e conectados. Seguimos avanzando na investigación da diabetes tipo 1 desde Galicia 💙 Vigo Sergas recibiu recentemente ao equipo de INNODIA, a maior rede europea de investigación en diabetes tipo 1, que continuará promovendo novas oportunidades e ensaios clínicos. En ANEDIA gustaríanos agradecer o importante traballo que se está a realizar na Área Sanitaria de Vigo, tanto polos equipos de pediatría como de endocrinoloxía, co apoio da dirección do hospital, todos comprometidos coa investigación, a innovación e a participación dos pacientes. ANEDIA xa forma parte da rede INNODIA, axudando a achegar a voz das persoas que viven con diabetes tipo 1 e das súas familias ás iniciativas de investigación europeas. Tamén queremos animar ás persoas con diabetes tipo 1, aos familiares e aos coidadores a coñecer mellor INPACT, o programa de participación de pacientes de INNODIA, que permite aos participantes aprender, compartir colabora e contribúe activamente ao futuro da diabetes.

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2026/05/25/chuvi-suma-mayor-plataforma-europea-130639927.html

Scroll ao inicio