O aniversario de Arantxa


Arantxa está de aniversario, e un dos seus desexos e que a xente entenda que “levar” unha bomba é algo positivo na súa vida. E que ter diabetes se normalice, e cesen os comentarios de pena e tristura cando ven a bomba e se compadecen de que ten diabetes.

A diabetes a acompaña no seu día a día, e a insulina permítelle seguir vivindo e disfrutando da vida, da familia e dos amigos. Non todo se soluciona coa bomba, e as veces falla, non é un páncreas, senón que o cerebro asume esas función do páncreas, pero ter unha bomba facilita a xestión.

Nós aproveitamos para pedir tamén un desexo, que todas as persoas con diabetes teñan acceso á tecnoloxía que precisan para millorar a súa calidade de vida.

Mil bicos e apertas a Arantxa!!

#vidacondiabetes #personascondiabetes #camiñosazuis #diabetESP #diabetesReal #queadiabetesnontepare #coadiabetesnamochila #diabetestipo1 #medrandocondiabetes #realdiabetes #somostipo1 #vivircondiabetes