
O martes 8 de Novembro celebrouse a 1º edición dos Premios KiDS de SANOFI España e FEDE, uns premios á implementación do programa educativo KiDS sobre diabetes na escola.
ANEDIA foi unha das tres asociaciones gañadoras deste galardón xunto coa Asociación Cántabra de diabetes e a ADILOR , Asociación de diabéticos de Lorca e comarca.
Un dos principais obxetivos de ANEDIA dende a súa fundación é a inclusión real do alumnado con diabetes nos centros escolares, por iso dende o primeiro momento unha parte fundamental era o traballo nas aulas e co persoal.
Este ano topámonos cun programa educativo KiDS que Sanofi trae a España e que recibe o apoio de FEDE e das sociedades científicas, e que complementa o traballo que xa estábamos a facer, e decidimos incluílo nas nosas liñas de traballo.
Queremos aproveitar a ocasión para darlle as gracias a todas as persoas que colaboraron e colaboran nestas accións formativas con nós, este premio é para todas elas.