ANEDIA NA COCIÑA


 

Taller de cociña baixa en hidratos con EVA NUÑEZ ABELEDO

O xoves 19 de agosto, na Torre de Xunqueiras (Pobra do Carmiñal), tivo lugar  un taller de cociña baixa en hidratos impartido por Eva Núñez Abeledo, experta en reducir hidratos na cociña tradicional.

A actividade consisteu nun pequeno taller práctico en  formato showcooking dun pan baixo en hidratos, tortilla soufflé con queixo e espinacas, crakers con dúas salsas, salsa griega de iogur e pepino e guacamole.

Lasaña de cabaciña, paquetiños de carne de cogollos de leituga e como sobremesa unhas tortiñas de arandos.

Durante o taller tamén tivemos ocasión de coñecer de primeira man como se elaboran estas receitas, e coñecer pequenos trucos de cociña e tamén algúns ingredientes novos e as súas cualidades na cociña.

Eva Nuñez estudio cociña despois do debut da súa filla pequeña  e forma parte do trío de GLICOSALUDABLES, e podedes encontrar estas e outras recetas no blogue de cociña  https://www.escueladecocinabajaencarbohidratos.com/

Agradecer a  colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal que nos cedeu a  cociña portátil municipal, e tamén a  Chicolino Eventos que cedeu  o espazo tan espectácular como é o restaurante que teñen no Pazo da Torre de Xunqueiras.

E un millón de grazas a Victor de Foto Pichero (Noia) que estivo no taller e nos fixo unhas estupendas fotografías do evento.

 

PAN  QUARK:
-250 g de queixo  Quark
-3 ovos
-100 fariña de améndoas
-30  g de  chía
-6  g de fermento
– 18  g de  pysillium
-12 g de fariña de coco ( non coco relado)
– 5  g de sal.
– sementes
Batemos os ovos , o queixo e o sal.
Engadimos a fariña de améndoas, o  pysillium, a fariña de coco, a  chía e mesturamos.
Forramos un  molde rectangular pequeno , como de 15 cm máis ou menos e  vertemos a mestura.
Espolvoreamos con sementes e enfornamos a 180 ata que estea ben dourado.
Sacamos do  molde e deixamos arrefriar sobre unha reixa para que non súe dentro do  molde

 

CRAKERS LOW

– 1 cullerada de  chía
– 65  g de auga
– 250  g de fariña de améndoas
-1 cullerada de aceite de oliva
– unha  cucharadita de  pysillium.
– un chisco de comiños, allo en po, pementa negra, sal, parmesano ao gusto.

Botamos a  chía na auga e deixamos  gelificar
Mesturamos é resto e engadimos a  chía  amasando ata conseguir integrar todo.
Estiramos entre dous papeis de forno ben fina e cortamos coa forma que queiramos.
Enfornamos a 200 graos  6 minutos máis ou menos , ata que douren

 

TORTILLA DE ESPINACAS BABY

– 18 ovos
– 100  g de queixo en crema tipo Philadelphia
– 60  g de parmesano relado
-saL
– pementa
-100  g de espinacas  baby
Bater ovos co queixo, o sal e a pementa.
– engadir as espinacas e o parmesano
-quentar unha tixola con algo de aceite a lume moi suave, isto é moi importante.
– callar a lume baixo ,  despacito , ata que a vexamos callada por arriba  tb

– Dar a volta e dourar .

 

TORTIÑAS LOW DE ARANDOS
– 2 ovos grandes separados
-65 g de queixo en crema con poucos  HC
– un chisco de sal
– 2 culleradas de  eritrithol
-125  g de fariña de améndoas
-unha cullerada de té de  pysillium
-65  g de leite de améndoas sen  HC
– 65  g de arandos ou  frambuesas ou amorodos frescos.
– 6 g de levadura

Separamos as claras
Batemos as xemas con todos os ingredientes menos os arandos e as claras
Batelas a pto de neve e engadir xunto cos arandos
Remover suavemente
Deixar repousar 10′
Engraxar unha  sarten quentada suavemente, e  verter dúas culleradas de masa
A lume moi suave deixar dourar ben por abaixo antes de tentar dar a volta
Cunha  espátula, e un movemento rápido, dar a volta e dourar a lume suave polo outro lado.

Aquí tendes algunhas fotos do evento: