
ANEDIA pasa a formar parte oficialmente de CEDDD Galicia, unha plataforma autonómica que agrupa entidades sociais, profesionais e organizacións que traballan a favor das persoas con discapacidade e dependencia e das súas familias en Galicia
A nosa incorporación foi aprobada en asemblea xunto con outras entidades galegas como ASOVEDRA, DETRADI, ORGADIF e AEMCH, reforzando así unha rede diversa e comprometida coa defensa dos dereitos e a inclusión social
Formar parte de CEDDD Galicia permítenos seguir avanzando no traballo en rede, compartir experiencias e boas prácticas con outras entidades, e sumar esforzos para dar resposta ás necesidades reais das persoas con diabetes e das súas familias, situando a saúde e a inclusión como eixos centrais da acción social
Desde ANEDIA entendemos esta incorporación como un paso máis para fortalecer alianzas, aumentar a capacidade de incidencia e contribuír a construír unha sociedade máis xusta, accesible e solidaria para todas as persoas