ANEDIA estará presente no Diabetes Experience Day en Madrid o día 23 e 24 de febreiro.


Teremos a tres voces representando a Galicia e o traballo que se fai en diabetes.

M. Rego, presidenta de ANEDIA falará dun tema moi importante para todas das familias, e no que como asociación levamos moi tempo traballando en él. O permiso por coidado de fillas e fillos con enfermidades graves.

Teresa Martínez, xefa de endocrinoloxía de A Coruña (CHUAC) e Benigno Rosón Subdirector de sistemas e tecnoloxías da Información representarán á administración sanitaria

Ademáis ANEDIA contará de novo cun stand onde poder amosar un pouco do noso traballo que se realiza en colaboración coa Deputación da Coruña.

Además un bo grupo de familias participará neste evento, que é a día de hoxe o maior de España dirixido a persoas e familias con diabetes.

#medrandocondiabetes #coadiabetesnamochila #ded2024 #dacCultura

Vídeo: