ANEDIA e Instituto Gómez-Ulla Miranza únense para coidar a saúde visual das persoas con diabetes


ANEDIA vén de asinar un convenio de colaboración co Miranza Instituto Gómez-Ulla, centro de referencia en saúde ocular en Santiago de Compostela.

O obxectivo deste acordo é favorecer o coidado e a prevención da saúde visual nas persoas con diabetes, promovendo actuacións conxuntas que contribúan a mellorar a súa calidade de vida.

No marco desta colaboración, Miranza Instituto Gómez-Ulla e ANEDIA desenvolverán accións formativas e informativas dirixidas a persoas con diabetes e ás súas familias, así como iniciativas de sensibilización sobre a importancia da detección temperá das complicacións oculares asociadas á diabetes. Destacar que este clínica conta cunha unidade específica de diabetes.

Ambas entidades comprometémonos tamén a difundir as actividades e contidos desta colaboración a través das nosas canles de comunicación, fomentando o acceso á información e a educación en saúde visual.

Dende ANEDIA queremos agradecer a Miranza Instituto Gómez-Ulla a súa disposición e implicación, convencidas de que este acordo suporá un paso importante para seguir ofrecendo apoio, recursos e coidados integrais ao noso colectivo.