Agradecemento especial a Fruiwa: refrescos saudables e innovadores para os participantes do campamento de verán Anedia 2023 en O Grove.


Durante o campamento de verán Anedia 2023, os nosos acampados tiveron a oportunidade de desfrutar dun refresco verdadeiramente revolucionario e saudable: Fruiwa. Procedente da Coruña, esta empresa innovadora ofrece un produto en po, envasado en prácticos sticks, que captura todo o sabor auténtico da froita. Só precisas mezclalo con auga para obter unha deliciosa auga de froitas.

Pero Fruiwa non só nos proporcionou momentos refrescantes durante os días de calor. Grazas ao seu producto saudable, tamén nos axudou a xestionar episodios de hipoglucemia de maneira deliciosa e eficaz, algo esencial no noso campamento, onde a concienciación e xestión da diabetes son centrais.

Desde a organización de Anedia 2023, queremos transmitir a nosa máis profunda gratitude a Fruiwa. O seu compromiso coa saúde e benestar dos xóvenes manifestouse con creces nesta colaboración. Estamos inmensamente agradecidos por ter un aliado que combina sabor, innovación e saúde de forma tan harmoniosa.

Grazas, Fruiwa, por ser parte desta experiencia e por axudarnos a ensinar aos nosos novos que é posible desfrutar mentres se coida a saúde. Esperamos seguir contando con vós en futuras edicións e continuar promovendo hábitos saudables de maneira deliciosa.