Por fin chegou o día, a aplicación de lectura dos FreeStyle2, – xa ten dispoñible una actualización importante.
Unha vez actualizada, e dende o seguinte cambio de sensor teredes dispoñibles as lecturas automáticas cada minuto, sen ter que escanear.
Isto é importante, tanto para persoas con diabetes como para o seguidores/coidadores.
Parece que sempre pensamos en nenas e nenos, nos que claramente é fundamental ese seguimento para saber como están. Pero tamén pensamos en persoas adultas, e especialmente nas persoas que viven soas, e que deste xeito alguén pode estar pendente delas.
Isto é algo que era moi necesario, xa que a tecnoloxía o permitía, pero o mercado manda. Agora toca o test masivo de usuarios, xa vos contaremos!.
#camiñosazuis #vidacondiabetes #personascondiabetes #COMPARTEDIABETES #comparteDiabetes #formacioncontinua #diabetesgalicia #type1diabetess