A ORIXE – Camino de Santiago pola Barbanza.

Neste 2023 cumpre 10 anos de vida, de traballo e de moitas noites sen durmir.
Por iso nos embarcamos na derradeira aventura deste ano, o camiño de Santiago dende o Barbanza, .
Para nós a orixe ten un nome que sona a algo bonito, , pero que realmente é algo moi duro e triste, e polo que todos pasamos, e algo que segue doendo cando pensamos nel.
Pero temos que pensar no fortes que somos agora, con todo o camiño percorrido e con moito máis por percorrer.
Así que neste mes de decembro estaremos por terras do Barbanza con moi bos amigos, @pichero e a boa xente de ́ ̃ aos que agradecemos a súa axuda neste proxecto.
Vai ser unha RUTA FOTOGRÁFICA. 
Faremos varias escalas nas distintas etapas do camiño A ORIXE, para facer fotografías, con Victor Martínez, FOTOPICHERO, que xa nos acompañou noutros proxectos.
Serán varios días do mes de decembro, a primeira data é o MÉRCORES 6 DE DECEMBRO. As 10.30 será a primeira sesión,
Temos que estar puntuais senón será difícil completar o noso percorrido.
Lugar: O Faro de Corrubedo.
Comida optativa no Bar do Naútico na Pobra do Caramiñal.
As seguintes datas estarán en función do tempo e a chuvia e da vosa  dispoñibilidade.
Se tivésemos bastantes participantes, parte da ruta sería en autobús.
Participar nesta actividade implica permitir o uso pedagóxico das imaxes  obtidas/realizadas neste evento e a súa utilización nos proxectos audiovisuais relacionados, e tamén a súa publicación na páxina web e redes sociais da asociación, e tamén filmacións destinadas a difusión educativa non comercial.  
Se é posible no 2024 faremos o camiño andando.
Como participar?
 
Cubrindo o seguinte cuestionario unha vez por familia,  se sodes máis de 10 teredes que cubrir varios.  CUESTIONARIO
Contamos coa vosa participación!