“A Orixe. A Diabetes, un camiño de vida”, exposición na Pobra do Caramiñal.


Onte foi un día de estrea dun novo proxecto: A ORIXE. A diabetes un camiño de vida.
Este é o nome da exposición onde textos e fotografías intentan achegar ao espectador a realidade da diabetes.
Un proxecto realizado ao amparo de Cultura da Deputación da Coruña e coa colaboración da Asociación amigos do camiño de Santiago do Barbanza e do Sar A Orixe.
Unha mostra que estreamos no Concello da Pobra do Caramiñal e que agardamos que tamén teña un longo percorrido.
Está integrada  por 24 imaxes e permanecerá aberta ata o día 7 de maio na casa da cultura Raquel Fernández Soler, e pode visitarse das 11.00 ás 13.30 e das 17.00 ás 20.00 horas.

Esta actividade forma parte do noso proxecto cultural que está subvencionado pola Deputación da Coruña.

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

“A Orixe” é unha oportunidade para sensibilizar a sociedade sobre a realidade da diabetes en nenos, nenas e xente nova, visibilizando as súas fortalezas e retos a través dunha experiencia tan especial como é facer o Camiño de Santiago.

Animámosvos a achegarvos a coñecer estas historias que inspiran!