Todos sabemos que da teoría á práctica hai moitas diferencias, e que temos que aprender a xestionar moitas veces en solitario, porque temos que actuar moitas veces ao día, e non só unha vez cada 3 meses ou cada 6, ou unha vez ao ano.
Por iso para nós é tan importante poder contar no campamento cunha profesional da que aprendemos moito, pero que tamén sabemos que se vai cunha experiencia moi importante.
Neste caso temos que agradecer ao servizo de endocrinoloxía del área sanitaria de Vigo por poder contar con @anaisgonzalez.endo para este campamento.
Agardamos que esta experiencia poda repetirse porque é moi valiosa para todos.