
Hai cousas que non se ven, pero que están aí cada día, nas decisións que se toman sen parar, nas rutinas que cambian, nas emocións que ás veces custan explicar. Por iso, en ANEDIA sentimos a necesidade de contala, de poñer palabras ao que moitas veces queda dentro, de facer visible o que tantas persoas viven en silencio.
Facémolo a través do noso proxecto cultural “Coa diabetes na mochila”, subvencionado por @culturadadeputaciondacoruna , levando historias, experiencias e realidade a centros educativos, bibliotecas e familias de toda Galicia. Porque cando alguén se ve reflectido, algo cambia. Porque entender tamén é sentir, e sentir tamén é acompañar.
Seguimos modo ON💙