A diabetes nos centros educativos


A diabetes non se pode deixar na casa, e suma unha mochila extra para o alumnado que vive con diabetes, e sabemos que é unha doenza bastante común, pero que non encaixa no modelo educativo tal é como está deseñado.

As nosas nenas e nenos dependendo da súa idade van precisar algún tipo de apoio, non é o mesmo ter 3 anos, que 13, porque en cada idade temos unhas distintas, pero todas as idades precisan un soporte. O da familia xa o teñen, pero precísase a implicación de toda a comunidade.

Por iso organizamos esta charla onde a nosa técnico Estíbaliz Grande, vainos falar da realidade e de como xestionarnos no día a día, con recomendacións para facer a vida no cole máis doáda.

Somos conscientes de que seguiremos a ter algún punto negro, pero prometemos que seguiremos insistindo para erradicalos.

Actividade dentro do programa #redesazuis subvencionado por Voluntariado Galego

#diabetestipo1 #diabetesReal #medrandocondiabetes #realdiabetes #coadiabetesnamochila #queadiabetesnontepare #personascondiabetes #type1diabetes #formacioncontinua #Somostipo1ACoruña #diabetesgalicia #vidacondiabetes #voluntariado