A diabetes non para… e nós tampouco.


LUNS
Comezamos a semana co Proxecto BETA, financiado polo #plansocialencepontevedra de @enceenergiaycelulosa, con atención presencial pero tamén con cita previa en outros horarios, ou chamadas, buscando o acompañamento que precisen ás familias.

MARTES
Participamos en streaming no “10º Encontro Nacional de Pacientes. Nuestra Voz en 2026” do @fep_pacientes, do que formamos parte.
Un espazo clave para coñecer o que vén e seguir avanzando como movemento asociativo.

Ese mesmo día, en Santiago, participamos na presentación da nova Lei de prevención e protección integral contra a violencia no sistema sanitario, impulsada por @sanidadexunta.
Porque é importante estar presentes nos espazos onde se toman decisións.

MÉRCORES
Hospital de @sergas_ourense acompañando a familias e achegándonos a pediatría. Atención as familias e levamos materiais; seguimos construíndo rede desde dentro do sistema sanitario.

XOVES
Compartimos encontro con familias en Teo, preto de Santiago.

E pola noite asistimos á V Gala da Cultura da @Deputación da Coruña.
Porque a cultura tamén forma parte da vida das persoas… tamén das que viven con diabetes.
Por iso contamos cun plan cultural específico en ANEDIA dentro dos proxectos de @daccultura

VENRES
Participamos na Semana da Educación Física no ceippraiaxardin no @concello de Boiro.
Un proxecto magnífico que nos permitiu levar o noso proxecto Bolechas a un novo centro e presentar o programa KiDS ao profesorado.

Tamén estivemos noutros centros educativos, de forma presencial, apoiando nos plans de atención ao alumnado.

E atención a socios no HULA (Lugo).

Así que… xa vedes que semana.

Unha semana imposible sen contar co noso voluntariado.

Ademais, durante toda a semana, tamén tivemos un ollo posto en Sevilla, seguindo o Congreso de @sediabetes.

E mentres tanto, os nosos libros do plan cultural seguen viaxando.
Chegan mensaxes desde Moraña, Vila de Cruces, Santiago, Teo, Ames…

Pero isto é só a parte visible.
A parte invisible da asociación é moito maior.
É duro, si… pero tamén moi ilusionante.

Seguimos. 💙