En xuño, coincidindo co Día da Saúde Mental no ámbito comunitario, lembramos que a diabetes tipo 1 non é só unha enfermidade física. O cansazo emocional, as decisións constantes e a presión invisible impactan na saúde mental de moitas persoas.
No Proxecto BETA, promovemos espazos de escoita, encontros entre iguais e formación para entender mellor como convivir con esta carga. Grazas ao apoio do Plan Social de ENCE Pontevedra, seguimos visibilizando o que moitas veces non se ve.
#SaúdeEmocional #DiabetesTipo1 #CargaMental #ProxectoBETA #PlanSocialEnce