
Mulleres que estudan, traballan, ensinan e inspiran, mulleres con diabetes.
Nais que acompañan cada día a un fillo ou filla para que medren en todos os sentidos. Mulleres que viven con diabetes.
Profesionais e voluntarias que dedican o seu tempo a coidar e apoiar a persoas con diabetes. Mulleres que viven a diabetes profesionalmente.
Detrás de moitas historias de diabetes hai mulleres sostendo, acompañando e abrindo camiño.
Tamén hai rapazas que medran aprendendo que a diabetes non pode poñer límites aos seus soños: estudar, viaxar, formar unha familia ou construír o futuro que desexen.
💙 En ANEDIA estamos ao seu lado, dende a infancia ata a vida adulta, acompañando cada paso do camiño.
Porque visibilizar tamén é coidar. Somos e estamos para todas.
#Diabetes #Mulleres #VivirConDiabetes #ANEDIA #SomosTipo1 Saúde vivircondiabetes