16 de Novembro Actos día Mundial da Diabetes Tipo 1 no MARCO de Vigo


O vindeiro martes 16 de novembro en Vigo, no MARCO a partir das 17.30h celebraremos os actos do día mundial:
17:30h na Sala de Lectura os máis pequenos desfrutarán de Raquel Queizás con “Un caso azul”
18:15 Mesa redonda “100 anos de insulina,  100 anos de vida” moderada por María Comillas, psicóloga de Anedia cuns ponentes de excepción:
María Fernández: Médico, irmán, muller e nai de Dt1 ” Non teño diabetes pero leva condicionando a miña vida dende os 14 anos”
Antía: Adolescente con diabetes tipo 1 ” Dende que teño diabetes as matemáticas non funcionan: 2+ 2 non sempre son 4″
Steve Osborne: Dt1 e pai dun neno con dt1 “As grandes cousas non se fan por unha persoa, fansr en equipo”
Cristina Delgado: Muller e nai de dt1 ” Cando a diabetes chega a unha familia é coma un terremeto que o desestabiliza todo… e cada día é unha nova aventura, unha nova aprendizaxe e un comenzar de cero vivindo só o día a día”
Vanesa Martínez: Sanitario dt1 “a dianetes dende o outro lado é moito máis que inxectar insulina”
Estar en Vigo falando de diabetes, non pode faltar… Vicki Hierro: Enfermera educadora en diabetes no Hospital do Meixoeiro dende hai máis de 30 anos.
Mentres os maiores asistimos a mesa redonda os pequenos desfrutarán de un taller de actividades gracias oa personal do Museo de Arte Contemporáneo.