
As 4 da tarde arrancaba unha nova edición de @os100dobarbanza , un percorrido de 100kms polo Barbanza con 24 horas por diante.
300 valentes iniciaron a ruta dende Boiro, e percorreron todo o Barbanza nunha nova edición circular, o noso compañeiro Javier Pitarque acadou o 8° posto cum tempo de 12:48:49 nesta nova edición dos 100 Km do Barbanza.
Voluntarios de ANEDIA estivemos nos dous primeiros avituallamentos, e de verdade que tedes que probar a ser voluntarios nesta e outras iniciativas, porque a experiencia é xenial, o único que tedes que ter en conta e que engancha e che apetece repetir, e se tes unha boa forma física o que apetece e sumarte a esta marea de mulleres e homes que percorren a Barbanza.
Coma sempre un 12 para a organización, que estivo pendente de todas e cada unha das persoas participantes, e convirteuse nun novo éxito.