Chega o momento de botarnos aos camiños e darlle visibilidade á diabetes, queda por diante un mes intenso de actividade!!
O primeiro evento vai ser #OS100DO2022, unha ultraandaina de 100 kms no Barbanza organizada por Os 100 dos International Trekkers .
Grazas á invitación dos itrekkers, Javier Pitarque Valero vai realizar esta proba os vindeiros 25 e 26 de Xuño.
Fai 100 anos da primeira dosis de insulina a un neno, e ímos celebralo recorrendo 100 kms polo Barbanza, subidos á mochila de Javi.
Javi é todo un experto en andainas, pero tamén como pai, un experto DT3, de seguro que entre todos lle damos ás, para que chegue voando á meta.
Tedes máis información desta proba en https://2022.itrekkers.org/, una proba que recorre todos os concellos da Barbanza, e que este ano ten como saída e meta o concello de Lousame.
Pero ti tamén podes participar, senón é facendo 100 kms, pode ser axudando como voluntario nesta proba. Envía un correo a 2022@. e acompáñanos nesta experiencia.
#queadiabetesnontepare #coadiabetesnamochila #100anosdeinsulina #medrandocondiabetes