100 anos desde que Leonard Thompson recibeu a súa primeira dosis de insulina


Hoxe 11 de Xaneiro de 2022, fai 100 anos que Leonard Thompson recibeu a súa primeira dosis de insulina.
Imaxinade a desesperación da súa familia para permitir que se administrase algo novo, que non funcionou, só uns días máis tarde o 23 de Xaneiro, unha vez refinada a insulina por Collip, membro do equipo de Banting e Best, a insulina por fin funcionou.
Nós quedámonos con que hoxe fai 100 anos que a diabetes tipo 1 pasou de ser unha sentenza de morte a unha doenza crónica.
E por fin os nenos e nenas chegaron á idade adulta, e poideron ter un futuro.