🩵 DESAFÍOS EN DIABETES 2026


16 de maio | Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)

Ter diabetes tipo 1 é un desafío ao que nos enfrontamos cada día.
Pero en ANEDIA queremos ir un paso máis alá.

Por iso poñemos en marcha unha nova edición de Desafíos en Diabetes, unha xornada pensada para crear un espazo real onde entender mellor o que nos pasa, compartir experiencias e levarnos ferramentas útiles para o día a día.

Non se trata só de controlar cifras.
Vivir con diabetes implica tomar decisións constantes, adaptarse a situacións cambiantes e manter un equilibrio complexo entre saúde mental, alimentación, insulina e tecnoloxía.

E tamén implica falar doutros aspectos que moitas veces quedan en segundo plano, como a diabetes na muller ou o impacto emocional no día a día.

A formación é a clave para afrontar os desafíos

🧠 Contidos da xornada

Ao longo da mañá abordaranse distintos aspectos clave:

  • Saúde mental
  • Alimentación e relación coa comida
  • Tecnoloxía aplicada á diabetes
  • Autocoidados e toma de decisións
  • Muller e diabetes
  • Experiencias en primeira persoa

👩‍⚕️ Profesionais participantes

Nesta edición contaremos coa participación de profesionais de referencia:

  • Manuel Avelino Penín, endocrino
  • Belinda Lozoya, educadora en diabetes
  • Serafín Murillo, nutricionista
  • Rocío García-Viso, matrona
  • Iñaki Lorente, psicólogo
  • Iris Cabaleiro, pediatra

Profesionais moitos deles persoas con diabetes que achegan coñecemento desde diferentes ámbitos, sempre cun enfoque práctico e próximo.

📍 Información práctica

📅 Data: 16 de maio de 2026
🕙 Horario: 10:00 – 13:30
📍 Lugar: Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)
🎫 Entrada gratuíta

👉 Inscrición a través da web: ENLACE INSCRIPCIÓN

DESAFÍO JUNIOR.  Actividades de conciliación. ENLACE INSCRIPCIÓN

Ou envía un whatsapp a os números 644 971 454 / 644 319 595

📞 644 971 454 / 644 319 595
📧 info@anedia.gal

💙 Un proxecto que medra

Desafíos en Diabetes forma parte do traballo continuo de ANEDIA en Galicia, no que combinamos formación, acompañamento e creación de comunidade.

Cada edición medra, non só en participación, senón tamén en contido e impacto.

Porque vivir con diabetes tamén vai de aprender, compartir… e non facelo só.