
Xa está aquí unha das actividades máis esperadas do ano.
Do 12 ao 18 de xullo volveremos vivir unha semana inesquecible no Camping Ría de Arousa II (Ribeira), un espazo único para compartir experiencias, gañar autonomía, aprender máis sobre diabetes e, sobre todo, facer equipo.
Dirixido a mozos e mozas de 12 a 17 anos, o campamento de ANEDIA é moito máis ca unha actividade de verán. É unha oportunidade para convivir con outras persoas que entenden perfectamente o que significa vivir con diabetes tipo 1, crear amizades para toda a vida e descubrir que, xuntos, todo é máis doado.
🌊 Praia e natureza
🏊 Piscina e actividades acuáticas
⚽ Deporte e aventura
💙 Formación en diabetes
🤝 Convivencia e autonomía
📅 Inscricións abertas:
🔹 Desde o 12 de maio para socios con diabetes tipo 1 e acompañantes
🔹 Desde o 1 de xuño, matrícula libre ata completar as prazas
📄 Toda a información e normas de participación dispoñibles na nosa web
📲 Máis información no 644 97 14 54
🌐 anedia.gal
Porque no campamento non só aprendemos a convivir coa diabetes.
Aprendemos a facer equipo, a gañar confianza e a comprobar que non estamos sós.